cultura

Aprobado o Plan de Publicacións para o exercicio 2017 da Deputación

Entre as obras publicadas destacan o CD do himno de Ourense ou o catálogo para exposición de Jorge Varela: 59 citas para unha escultura ausente

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou o Plan de Publicacións para o exercicio 2017.

A Deputación de Ourense destina un orzamento total de 120.000 euros para o Plan de Publicacións deste ano. Entre as obras aporbadas encóntranse:

  • O CD do Himno da Provincia de Ourense.
  • O catálogo para exposición de Jorge Varela: 59 citas para unha escultura ausente.
  • As Actas do Congreso de San Martiño do ano 2016.
  • Un catálogo para a exposición In tempore suevorum.
  • Os números 40 e 41da revista Raigame.
  • O  xornal Romaría Raigame,.
  • O Anuario da Gaita nº 31.

Asemesmo, prevese a edición da obra gañadora do XV Premio Pura e Dora Vázquez 2016: Yañez Casal, A.: Do meu nome e outras trapalladas.

Por outra banda, no apartado de obras sen imprimir de plans anteriores, encontramos:

  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade
  • Homenaxe dos amigos
  • La casa de Monterrey
  • De señorío gallego a grandeza de España

Poderán presentarse ao concurso as obras científicas, artísticas, literarias ou musicais, realizadas en calquera formato ou soporte que correspondan a calquera das seguintes liñas de publicación:

  • Compilacións, escolmas ou antoloxías de artigos publicados en periódicos locais de Ourense ou nas edicións locais de xornais de ámbito máis amplo.
  •  Gravacións ou transcricións escritas de programas radiofónicos locais.
  • Obras que teñan por obxecto o estudo ou divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial ou do patrimonio natural de Ourense.
  • Estudos históricos, científicos, xurídicos ou literarios relacionados coa provincia de Ourense.
  • Obras artísticas, videográficas, literarias ou musicais de autores ourensáns de temática libre.

Ademais, as obras para ser admitidas deberán cumprir tamén os seguintes requisitos: debe tratarse de obras concluídas na data de remate do prazo de presentación e solicitudes e, as obras deben ser exclusivamente orixinais.

Asemade, non se admitirán as teses doutorais por ir dirixidas a un público altamente especializado, non obstante, admitiranse as súas versións abreviadas que axustándose ás liñas recollidas nas bases, poidan ter como destinatario ao público en xeral. Tampouco se admitirán as actas de congresos, xornadas, simposios ou similares.

Te puede interesar