Ourense

Arancha Nogueira: "Hai que deslocalizar a poesía e levala aos bares, non é elitista"

Ourense

ENTREVISTA

Arancha Nogueira: "Hai que deslocalizar a poesía e levala aos bares, non é elitista"

Arancha Nogueira
photo_cameraArancha Nogueira

A ourensá Arancha Nogueira ten unha ampla traxectoria literaria. A cervexaría O Moucho, un deses lugares fetiche para a autora, acolle hoxe ás 19,00 horas a presentación do seu último poemario. "Spleen en catro tempos"

A pesar da súa xuventude, a ourensá Arancha Nogueira ten unha ampla traxectoria literaria. A cervexaría O Moucho, un deses lugares fetiche para a autora, acolle hoxe ás 19,00 horas a presentación do seu último poemario. "Spleen en catro tempos" é unha reivindicación da xeración que está "entre os vintepico e os trinta e pico". "Ás veces utilízase a etiqueta de milenials con connotacións negativas pero penso que somos xente que afronta uns cambios tremendos coa máxima dignidade posible", di a autora.

Cal é ese "spleen" do título?

"Spleen" é como os antigos gregos lle chamaban ao bazo, porque crían que este órgano era o que regula o temperamento. Popularízase na literatura como sinónimo de capturar o temperamento dun lugar. Porque os lugares teñen carácter e nos inflúen. Eu fago un spleen de Santiago de Compostela, a cidade na que vivo, pero podería ser de Ourense ou de calquera outro lugar. Precariedade, turistificación, alugueiros caros… É un berro colectivo dunha xeración.

Que significado teñen os espazos na súa poesía?

Este poemario marca unha diferencia cos anteriores, máis íntimos. Aquí doulle máis importancia aos espazos públicos. A miña poesía é íntima e social. Creo que hoxe as mulleres reflexionemos sobre as cousas que nos interpelan é algo tremendamente social que é preciso colectivizar.

Publicou un poemario hai uns meses. A este ritmo, non ten medo á páxina en branco?

Un pouco, pero non tanto polo número de publicacións. Levo escribindo moitos anos. No momento no que non podes escribir, é certo que te angustias moito, porque é unha forma de vida e unha maneira de buscar a túa identidade.

En que momento se convertiu en modo de vida a poesía?

En 2013, cando gañei o premio Francisco Añón. Con el puiden publicar o meu primeiro poemario.

Escolle de novo a cervexaría O Moucho para a súa presentación.

Sí, escólloa por varias razóns fundamentais. É un sitio de referencia para min en Ourense, onde pasei tempo da miña xuventude.Por outra parte, creo que hai que deslocalizar a poesóa dos sitios moi elevados. A xente asociáa nalgunha ocasión a algo elitista, creo que por iso é tamén necesario levar a poesía aos bares. 

Más en Ourense