ÁREA METROPOLITANA

O auditorio de Coles acollerá este domingo unha gala de ópera

Os solistas da Compañía Lírica de Galicia interpretarán as máis célebres arias para soprano e contratenor

O Auditorio municipal do Concello de Coles acollerá este vindeiro domingo un novo evento cultural, neste caso ofrecendo unha gran gala de ópera, dentro do ciclo Cultura no Camiño 2018. Os solistas da Compañía Lírica de Galicia interpretarán as máis célebres arias –peza musical para cantar sen coro– para soprano e contratenor. O evento terá lugar no Auditorio de Cambeo, o domingo ás 19,00 horas. 

Con este evento, vense a completar a programación deste último mes no Auditorio, no que houbo grandes actuacións como a de Rosa Cedrón ou a de María do Ceo. 

Non será a derradeira, xa que o venres 22 de xuño haberá un concerto da Escola de Música. 

Te puede interesar