D

Aumentan as queixas polas múltiples terrazas nas rúas

Un 'maio' baixo o parasol dunha cafetería, o domingo na cidade.
A proliferación de terrazas no centro da cidade volveu xerar queixas esta fin de semana, non só por parte dos viandantes senon tamén polo grupo municipal do BNG, que viu, di, como o elevado número de veladores, aproveitando a boa temperatura primaveral, impedían incluso a adecuada exposición dos 'maios' na Rúa do Paseo. Por eso, unha destas enxebres figuras acabou instalada baixo un parasol da terraza dunha cafetería, mezclado coas sillas e mesas.
'É vergoñento que haxa que denunciar este tipo de actuacións. Os maios non precisan parasol. Este deixar facer por parte das autoridades municipais -en referencia ó grupo de goberno socialista- provocan estas imaxes absurdas pero ao tempo faltas do máis absoluto respecto ás manifestacións culturais da nosa cidade e ás persoas que traballan para manter vivas as tradicións'. Os nacionalistas lembran que xa pediron hai meses unha nova ordenanza de veladores que regule o número deles e que concilie o paseo dos peatóns co dereito dos hosteleiros a facer negocio diante dos seus establecementos. Pero esa ordenanza está sin presentar e o BNG -só se aportou un borrador hai tres meses- e namentras, os hosteleiros instalan sin control os veladores.

Te puede interesar