EMPRENDEMENTO

Baltar: "En Ourense hai sobradas mostras de talento"

O presidente da Deputación estivo este xoves no primeiro Demoday do Coworking de Ourense

La Molinera acolleu este xoves o primeiro Demoday do Coworking Ourense, un proxecto levado a cabo pola Deputación e a Escola de Organización Industrial e no que asegura o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que se está vendo 'as sobradas mostras de talento' que existe en Ourense. 

Sobre La Molinera, Baltar asegurou que é "espazo vivo da cidade e da provincia que está dando probada mostra da súa eficacia para que aflore o talento, o emprendemento e a innovación". Engadíu que no mesmo sitio fai pouco presentaron un plan formativo que fixo que as 16 persoas que participaron nel teñan traballo. 

Deputación de Ourense                 

Baltar anunciou que mañá presentará o maior remanente de Tesorería da historia da Deputación e que xa está sobre a mesamo borrador dos orzamentos de 2018.

Te puede interesar