PROVINCIA

Baltar reforzará o papel de afiliados e simpatizantes

Reuniuse con compromisarios do PP de Celanova, Baixa Limia e Cortegada

O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, abogou onte por potenciar a participación dos órganos do partido, afiliados e simpatizantes. Neste sentido, Baltar asegurou que "O PP non só é unpresidente, é un grupo de persoas, un equipo onde todos son importantes e teñen as súas resposnabilidades", aso referirse aos compromisos que asumirá para promover a participación no seo do PP e que conforman o seu programa como candidato.

Manuel Baltar mantivo unha reunión con compromisarios das comarcas de Celanova, Baixa Limia e a área de Cortegada, na que explicou que entre os seus plans para a nova etapa do partido figura que sexan os membros da xunta directiva os que propoñan ao comité electoral os candidatos ao parlamento de Galicia, ao Congreso e ao Senado.

De cara a fomentar unha maior participación e apertura do partido, Baltar inclúe no seu programa a posta en marcha dun 'buzón lexislativo', que permitirá recoller as propostas que formulen afiliados e simpatizantes para incluir nas leis que se tramiten nas cámaras nacionais e na galega.

Te puede interesar