Barbadás informa sobre a recollida de lixo orgánico

Veciños reciben o seu minicontedor marrón (Marcos Atrio)
photo_camera Veciños reciben o seu minicontedor marrón (Marcos Atrio)
Brabadás poñe en marcha unha nova iniciativa para a recollida de residuos orgánicos 

O Concello de Barbadás comezou onte programa de reciclaxe de residuos orgánicos “Ti tes a chave”. Nunha carpa na avenida de Celanova (A Valenzá) repartíronse pequenos cubos de dez litros xunto con bolsas compostables, ademais dun folleto explicativo e unha chave. O obxectivo, facilitar a participación da cidadanía nun programa “pioneiro”, din dende o Concello, para recoller a materia orgánica en novos colectores marróns.

Con esta fin, o consistorio busca 700 familias “concienciadas coa necesidade de coidar o medio ambiente”. A concelleira de Medio Ambiente, Victoria Morenza, reivindicou a iniciativa: “Somos o único concello da provincia que asume a directiva da Unión Europea que obriga aos municipios a xestionar este tipo de residuos”.

As accións de concienciación terán continuidade nas próximas semanas. A mediados de novembro instalaranse contedores a pé de rúa. Mentres o colector marrón será empregado en zonas con edificios de vivendas, os veciños do rural poderán solicitar composteiros individuais

Te puede interesar