Barbadás pon en marcha un tren de apoio ao comercio

O Concello de Barbadás, no marco das actividades do Nadal, porá en marcha un tren turístico de apoio ao comercio local que percorrerá a avenida de Celanova de A Valenzá. Segundo Marga Pérez, concelleira encargada desta iniciativa, “esta iniciativa busca dinamizar o comercio e animar ás familias a saír á rúa”. “Non hai ningún importe mínimo e todos os establecementos están adheridos. Os comercios darán un ticket que servirá para que as familias poidan facer unha viaxe”, asegura Pérez. Este tren sairá dende debaixo da ponte da autovía e chegará ata o final da avenida de Celanova, dando a volta e repetindo o percorrido dende as 16,00 ata as 21,00 horas. n

Te puede interesar