Barquero sobre o edificio de Marcelo Macías: "Os responsables son Cabezas, Núñez Feijóo e Cudeiro"

Sinala que se o Concello de Ourense acaba pagando indemnizacións, "pedireille ao meu partido que esixa responsabilidades xurídicas"

O portavoz do grupo socialista no Concello de Ourense, José A. Vázquez Barquero, compareceu en rolda de prensa para falar sobre o posible derribo dun edificio en Marcelo Macías. Asegura que "o tridente responsable no ámbito administrativo do sucedido con edificio é o formado por Cabezas, Núñez Feijóo e Cudeiro". Tamén explica que se o Concello de Ourense finalmente ten que pagar indemnizacións polo derribo das vivendas "pedireille ao meu partido que esixa responsabilidades xurídicas" aos tres mencionados. 

Tamén acusa ao Partipo Popular porque explica, eran "os responsables da elaboración do Plan de Urbanismo do ano 2003" e tamén porque os populares foron "os responsables da anulación de ese PXOM". Sobre os tres nomes citados, recorda que "Manuel Cabezas era o alcalde da cidade", Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de ordenación de Territorio da Xunta de Galicia e polo tanto, o "reso responsable máximo da aprobación definitiva do Plan de urbanismo no 2003". Tamén sinala a Cudeiro porque explira "era dende o ano 1977 o director xeral de urbanismo na Xunta de Galicia". 

Chegada do AVE a Ourense

Barquero tamén repasou o posible retraso da chegada do AVE a cidade. Recordou unha entrevista a Feijóo na que o presidente afirmaba "que a variante exterior en Ourense xa non é unha prioridade" e que "a prioridade era a chegada do AVE no ano 2018 e que se tiña que chegar sen variante exterior, que chegase". Asegura que a súa sensación tras leer esta entrevista "era que que estaban preparando o terreo para esa variante exterior non se constrúa" Logo pasou a recordar as declaracións do novo ministro de Fomento nas que decía que "ía impulsar outros tramos e outros ámbitos do Tren de Alta Velocidade no noso país" como é a chegada a Cantabria ou a Extremadura, a que se catologou de prioridade. "Con todos eses mimbres, é evidente o que están preparando que é unha ralentización da chegada do AVE a Galicia e que con elo problablemente que chegue aquí e que non haxa variante exterior"

Te puede interesar