POLÍTICA

Barquero pide ao alcalde explicacións sobre o "cese" de Belén Iglesias

Sobre os orzamentos dixo que "a realidade é que non hai orzamentos"  

O portavoz dos socialistas no Concello de Ourense insistiu en que o alcalde da cidade ten que "explicar os motivos do cese" de Belén Iglesias como concelleira de Comercio e que non basta con falar "das virtudes de Flora Moure", que ocupará o seu posto. Según Vázquez Barquero, Jesús Vázquez tamén ten que explicar por que despois de "21 meses e tres concelleiras" se segue "sen adxudicar a praza de abastos de A Ponte, sen rehabilitar a praza de abastos número 1 e sen iniciar as obras, sen ordenanza de veladores e sen saber que pasará co matadoiro municipal". 

Sobre o balance das contas do Concello asegurou que "a realidade é que non hai orzamentos"    

Te puede interesar