O BNG carballiñés ve descoordinada a brigada de loita contra incendios

O BNG do Carballiño manifestou a súa disconformidade e preocupación polo funcionamento das brigadas municipais da loita contra incendios forestais. Os nacionalistas aseguran que 'neste Concello do Carballiño estiveron facendo traballos preventivos á beira do río Arenteiro, lugares estes nos que non parece probable que se vaian a producir incendios moi virulenteos'.
O BNG insiste en que 'ademáis existe unha gran descoordinación e improvisación por parte do equipo de goberno ó darlle instruccións a estas brigadas' porque, segundo sinalan, parten do alcalde e de outros tres concelleiros.

Tamén apuntan que o Concello nin tan xiquera lles facilitou ós operarios un mapa dos lugares de intervención.

Te puede interesar