O BNG compromete un impulso á IXP Pan de Cea

Pan de Cea (Foto: Archivo).
photo_camera Pan de Cea (Foto: Archivo).

O BNG anunciou onte que impulsará a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e recuperará as variedades autóctonas do cereal. Os nacionalistas queren impulsar as producións de calidade e a transformación das materias primas agrarias e exemplifícao na produción do pan en Cea, aproveitando a visita a ese municipio. 

A número un da lista do BNG, Noa Presas, sinalou  que “Cea é todo un símbolo para Ourense e tamén un símbolo de todo o que queda por facer e que, desde o BNG, poremos en marcha o 18-F no goberno da Xunta”.

Te puede interesar