O BNG creará un “Sergas para os servizos sociais”

Luis Seara e Noa Presa, onte en Aixiña.
photo_camera Luis Seara e Noa Presa, onte en Aixiña.
O BNG erixiuse como a “única alternativa política” capaz de sacar ao medio rural ourensán do “abandono” que sofre e puxo en valor a candidatura por Ourense, preparada para gobernar “coas mans libres” e defender o sector agrogandeiro. O BNG presentou en Xinzo a Estratexia Rural Galiza 2024-2028 para impulsar o sector primario e o rural. “A historia deste país demostra que a única forza política que ten un proxecto claro, conciso e coas ideas claras de como sacar adiante o medio rural, somos nós, o BNG”,  sinalou Noa Presas. Ademais, nunha xuntanza en Aixiña con entidades do terceiro sector, Presas avanzou que o BNG creará o Servizo Galego de Benestar, “un Sergas dos servizos sociais”,  para “despedir a privatización do PP”, e prometeu unha “escoita activa”  para impulsar a Lei galega para as persoas con discapacidade. 

Te puede interesar