O BNG critica a falta de medios para loitar contra a avespa velutina

Imagen de archivo de una Vespa velutina.
photo_camera Imagen de archivo de una Vespa velutina.
O deputado do BNG no Parlamento de Galiza Iago Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentaría máis para esixir explicacións á Xunta pola xestión que está a facer ante a proliferación de avespas velutinas,  a raíz do falecido no concello de Melón a causa desta especie invasora. O parlamentario nacionalista critica a falta de medios e esixe que se clarifique que días e que horas a Xunta recibiu solicitudes para a retirada e neutralización do niños de velutina en Melón, en cales se procedeu á realización de intervencións de retirada; cal foi a empresa encargada das intervencións;  cantas chamadas advertiron da presenza de niños de velutina na provincia de Ourense no que vai de ano; cantos niños de velutina se retiraron no que vai de ano e cantos foron por intervención de SEAGA e cantos por outros medios.

Te puede interesar