O BNG fará unha sede no Casco Vello para a UPO

photo_camera El BNG reafirma su compromiso y su total apoyo a la Universidad Popular de Ourense.  Desde la formación nacionalista reafirmaron esta mañana su firme compromiso con la UPO a través de la firma de su manifiesto y reiteraron que con el BNG en el Gobierno se duplicará su presupuesto y se decidirá una sede fija en su zona histórica para el desarrollo de sus actividades
O BNG reafirmou o seu compromiso para recuperar a Universidade Popular logo de asinar o candidato á Alcaldía, Luis Seara, e a concelleira Rhut Reza o manifesto da Plataforma “Non ao peche da UPO”.  Os nacionalistas amosaron o total apoio e comprometéronse a dobrar o orzamento actual até os 350.000 euros, dotar á UPO dunha sede fixa na zona histórica, reforzar o persoal encargado da xestión da programación e aumentar a oferta formativa. Segundo Seara, o peche da UPO é “un dos maiores expoñentes da desfeita cultural e educativa promovida polo actual goberno local”, rematando con máis de 26 anos de traxectoria “impeable”. O candidato lembrou que “para nós a UPO é un dos proxectos estratéxicos e chave do noso programa.

Te puede interesar