O BNG de Ourense lamenta a “desidia” do alcalde coa estación intermodal

Esplanada de la estación de tren de Ourense. (FOTO: MARTIÑO PINAL).
photo_camera Esplanada de la estación de tren de Ourense. (FOTO: MARTIÑO PINAL).

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense lamentou onte que ao longo dos últimos anos e “pese as moitas dúbidas e as moitas eivas detectadas” no proxecto para integración do AVE e a construción da nova intermodal, o goberno local da cidade “non tivera a ben solicitar a convocatoria da Comisión de seguimento que establecía o propio Convenio e que desde o BNG reclamamos insistentemente”.

O voceiro nacionalista, Luís Seara, ten claro que o alcalde “non foi quen de liderar as reivindicacións que emanan da sociedade e do empresariado para corrixir as eivas das que adoece o proxecto actual”. No Bloque Nacionalista Galego sinalan que pese á caducidade do convenio e tendo en conta a predisposición amosada polo ADIF a manter dito encontro, “é preciso que desde o Concello se lidere dita reunión para pór negro sobre branco e clarexar o que está acontecendo”.

Te puede interesar