O BNG pecha filas con Seara: “Vai rematar este mal soño”

Militantes e cargos arroupan ao voceiro tralo ataque dun Jácome que está “no tempo de desconto”

O BNG pechou filas onte co voceiro municipal, Luis Seara, insultado e acusado de ameazar un veciño polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, no pleno do pasado venres -chamouno “matón e macarra”-, e lanzou unha mensaxe de ánimo á cidadanía, asegurando que o actual rexedor está no “tempo de desconto” e que os nacionalistas son a “alternativa seria e rigorosa” para sacar á cidade deste “mal soño”. 

 Tanto o Consello Local como afiliados e cargos institucionais mostraron o seu respaldo e “orgullo colectivo” respecto ao concelleiro Seara e tamén á otra representante municipal, Rhut Reza, e aseguraron que isto non fai máis que reforzar o seu traballo.  “A pesar dos lamentables comportamentos aos que Jácome xa nos ten acostumados, con insultos, inxurias en faltas constantes de respecto, isto  non vai facer que o BNG deixe de traballar arreo na alternativa que este concello merece”, salientou a  deputada Noa Presas, quen actuou como voceira, nun acto na explanada das Burgas,  xunto ao deputado Iago Tabarés, o deputado provincial, Bernardo Varela, e  Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova,  entre outros.

Presas agradeceu “a todas as persoas que nas últimas horas teñen amosado o seu apoio e solidariedade ao BNG” e o apoio de toda a corporación, aínda que chamou ao PP a que ademais de abandonar o pleno “tamén paño fin a esta situación, xa que está na súa man facelo”. De todos os xeitos, Presas trasladou unha ”mensaxe de esperanza” cañosidadáns , xa que esta situación ten “data de caducidade” e Jácome está no “tempo de desconto”. 

Un "barrizal"

O actual alcalde “viña a cambiar a política tradicional ourensá e é o responsable de que nada cambie, e demostrouno mantendo a Baltar á fronte da Deputación”, sinalou a parlamentaria nacionalista, que volveu a resaltar que o importante non son os insultos ao voceiro do BNG, “que non é un ataque contra nós, e, de selo, é o de menos”,  senón que “o triste é que ao longo deste mandato se acabase coa Universidade Popular, se desmantelasen concellarías e se pretenda desmantelar a oficina do PERI, se  manteña o termalismo paralizado ou se perdan fondos europeos, deixando a Ourense en coma”. Desde o BNG aproveitaron para lanzar unha mensaxe clara sobre os ataques de Jácome, que para eles amosan que “estamos atinando” no xeito de facer política, e iso “pono nervioso”. 

Sobre a denuncia que mostrou Jácome no pleno, tras asegurar que un veciño acusaba o nacionalista Luis Seara por ameazas, Noa Presas dixo que “de momento non temos constancia de nada” e que tentarán “fuxir de crispacións”, para logo engadir que tanto PP como Jácome xa recorreron a “ameazas xudiciais e falsidades” durante anos “atacando ao BNG, deixando a política convertida nun barrizal e sempre cos compañeiros impunes e libres de calquera acusación”.  

Te puede interesar