O BNG opta polo "consenso" para avanzar na ordenanza sobre o botellón

Os nacionalistas cargan contra a falta de actividades de lecer na cidade así como a falta de efectivos na Policía Local

A ordenanza sobre o botellón e a escasa oferta cultural da cidade centraron a comparecencia do voceiro do BNG, Luis Seara e a concelleira Rhut Reza. Os nacionalistas consideran que a ordenanza "é un intento de criminalizar á mocidade" xa que "o fenómeno botellón xa está prohibido".

Dende o BNG ven nesta medida unha cortina de fume coa que ocultar graves problemas como a falta de efectivos da Policía Local ou a falta de alternativas de lecer na cidade e insisten en que a ordenanza debe ser "participada e consensuada, non feita a medida de alguén".

En canto á oferta cultura, Reza sinalou que "a actividade cultural do concello é inexistente, sen programación cultural para o verán, o espazo Lusquiños leva pechado desde marzo de 2020, non existen políticas para a mocidade", sinalou Reza.

Criminalizar á mocidade

O responsable comarcal de Galiza Nova, Artai Gavilanes, insistiu en que "cómpre non seguir criminalizando ao botellón e a quenes participan nel e si xerar alternativas de lecer á mocidade, algo que non se está facendo". Gavilanes

Te puede interesar