INFRAESTRUTURAS EN OURENSE

O BNG pide unha explicación sobre a rotonda entre a OU540 e a A52

O estado no que se atopa a rotonda (BNG).
photo_camera O estado no que se atopa a rotonda (BNG).

O BNG sinala que as isletas construídas para facilitar a seguridade vial no cruzamento foron levantadas de novo

 

 

O Bloque Nacionalista Galego reclama “explicacións” sobre as obras que se están a levar a cabo na rotonda da OU540 en Barbadás, que dá acceso á autovía A52. Os nacionalistas do concello metropolitano avanzaron que pedirán unha resposta no pleno municipal previsto para hoxe, no que solicitarán información ao goberno local, e no Parlamento de Galicia, a onde trasladarán as súas reclamacións.

Segundo afirma o portavoz municipal do BNG, Sarín Núñez, “nos últimos días, as isletas construídas neste punto para facilitar a seguridade no cruzamento están sendo levantadas de novo, algo que nos chama poderosamente a atención”.

Os nacionalistas lembran que levan reclamando a execución da rotonda “ao longo dos últimos case tres anos”, nos que levan presentado diversas iniciativas no pleno e no Parlamento “tendentes a verter luz sobre a tardanza na execución das obras”. Estes traballos son competencia da Xunta de Galicia, ao ser unha estrada de titularidade autonómica.

Te puede interesar