MUNICIPALES / OURENSE

O BNG pide a Xesús Vázquez que se defina sobre o dereito ao aborto

O partido nacionalista galego mostrou unha pancarta co lema: "Polos dereitos das mulleres a decidir, aborto libre e gratuito"

O BNG-Asambleas Abertas celebrou un acto simbólico a favor dos dereitos da muller en fronte da oficina do candidato do PP, Xesús Vázquez. Os nacionalistas denunciaron a modificación da Lei do Aborto que o Partido Popular presentou no congreso para que o aborto non sexa un dereito.

Ximena González, concelleira do BNG, quería saber se o candidato popular "esta coas mulleres e os seus dereito ou esta co Igrexa negando que o sexan. Queremos que se pronuncie, as mullere desta cidade teñen dereito a saber quen quere arrebatarlle os seus dereitos e quen os defende".

Tamén apuntou que "queremos expresar o noso rexeitamento a que retiren os dereitos a mulleres de 16 e 17 anos, non imos abandonar as rúas ata que consigamos frear estos ataques.

Te puede interesar