MUNICIPALES / OURENSE

O BNG reivindica a apertura da Casa da Mocidade cun concerto

A candidata do BNG-Asambleas Abertas a alcaldía de Ourense, Susana García, apuntou que "a Casa da Mocidad leva tres anos pechada"

O Bloque Nacionalista Galego - Asambleas Abertas de Ourense reivindicou cun concerto do grupo Malheira a apertura da Casa da Mocidad que "leva tres anos pechada". Susana García, candidata a alcaldía do BNG a alcaldía de Ourense, apuntou que "foi o BNG saíu do goberno deixando esta casa rematada e apunto para porse a funcionar". Sen embargo, declarou que "coa chegada do PSOE decidiron deixala pechada e así segue". 

En xuño do 2013, aprobouse o regulamento para que os grupos solicitaran o uso do local de ensaio. Dende o BNG afirman que a falta de persoal impide que as instalacións estén abertas, sen solución a medio ou curto prazo. Susana García manifestou que "será unha das primeiras medidas que tomemos se a partir de maio temos poder no goberno. Porque cremos na mocidade".

Te puede interesar