O BNG urxe o centro de ensino secundario para A Valenzá

A deputada do BNG no Parlamento galego, Tereixa Paz, vén de presentar unha iniciativa na que demanda á Consellería de Educación que constrúa ‘o comprometido centro de ensino secundario en Barbadás’.
Paz lembrou que nos orzamentos de 2009 está xa consignada unha partida de 100.000 euros para comezar a construcción do IES en A Valenzá. O municipio ‘non conta con prazas de educación secundaria, nin de bacherelato ou formación profesional, o que o converte no único de toda Galicia de máis de 5.500 habitantes que non dispón dun centro que garanta a cobertura pública deste tramo educativo’.

A deputada do BNG subliñou que no PXOM aprobado polo Concello existe unha reserva de terreos de máis de 10.000 metros cadrados destinados a tal fin.

Te puede interesar