O BNG ve “outra cacicada” no cambio da obra da Praza

La plaza de Abastos de Ourense se llevó casi la mitad de lo destinado al 1% cultural en la provincia.

O voceiro do BNG na cidade, Luis Seara, cualificou a aprobación dun modificado do proxecto da Praza de Abastos número 1 por 726.540 euros como a “enésima cacicada” do goberno local. Seara fixo un breve percorrido sobre o que ten sido todo aquilo relacionado coas obras de rehabilitación da Praza de Abastos, lembrando que “pola incapacidade do anterior e do actual goberno local houbo que devolver a subvención concedida no seu día polo Estado, consecuencia do cal, o Concello ten que asumir con fondos propios e na súa totalidade a execución da obra”.

Segundo relatou Seara, “as obras de reforma e rehabilitación remataron o pasado mes de xaneiro de 2023, hai xa 11 meses, momento en que se asinou a última das certificacións de obra”. Diante deste feito, o portavoz nacionalista preguntouse “como é posible que se aprobe o modificado dun proxecto dunha obra rematada once meses antes”.

Para o BNG o máis significativo é, precisamente, “que o goberno local modifica un proxecto xa concluído, sen que exista relación contractual coa empresa, neste caso Acciona, e sen que medien no expediente informes técnicos que avalen o procedemento nin a retención de crédito correspondente, producíndose, a noso entender, unha nova fraude de lei”. De feito, non esta avalado nin polo interventor nin polo coordinador xeral.

O grupo municipal do BNG lembra ,ademais, que “xa desde o ano 2022, advertíamos da necesidade de abordar canto antes a reforma exterior, algo que xa pedimos durante a execución dos traballos, mesmo facéndoa en paralelo á reforma do edificio e que esta fose moito máis ambiciosa, incluíndo as demandas dos praceiros así como a reforma integral do Rianxo e toda a contorna das Burgas”.

Por último, Seara lamentou  “o desinterese do actual goberno local”, logo de que o traslado estea bloqueado: “Nada sabemos do plan funcional que permita a adaptación interior do edificio, paso previo e imprescindible”.

Te puede interesar