O BNG ve o reparto de fondos provincial de Ourense “insuficiente”

Dende o BNG consideran "insuficientes" as contas da Deputación de Ourense e no seu orzamento alternativo propoñen aumentar de 17 a 21 millóns de euros o fondo para os concellos, reducindo o gasto en persoal en 1,7 millóns e destinando 5,8 millóns para proxectos estratéxicos no ámbito industrial e agrogandeiro

O pleno da Deputación aprobará hoxe o orzamento de 2024, con voto a favor do PP e a abstencón do PSOE, pero co BNG desmarcado. Os nacionalistas desvelaron onte que votarán en contra no caso de que non se acepte unha emenda á totalidade que presentarán hoxe, e na que, entre outras cousas, valoraron como un “avance” o novo Plan CooperOU, pero considérano “insuficiente”. 

O BNG pide no seu orzamento alternativo un aumento de 17 a 21 millóns de euros no fondo que se destinaría ao reparto obxectivo aos concellos, quedando para subvencións nominativas 10 millóns frente os 15,5 e 21,5 millóns agora contemplados.  O voceiro nacionalista na institución provincial, Bernardo Varela,  lamentou que os orzamentos sexan “continuístas e sen capacidade de darlle o impulso que esta provincia precis”.  Nese senso, criticou que o 64% dos 96 millóns se vaian en persoal e gasto carrente, cun 9% de aumento en persoal.

Unha das primeiras medidas que propón o BNG é a redución no capitulo de persoal en 1,7 millóns , amortizando as prazas vacantes recollidas no orzamento, Coa redución e modificación de partidas proposta na emenda do BNG, conqueriríase unha bolsa de 29,2 millóns, “que permitiría un Plan Único  que no básico mantería o sistema de aportación ós Concellos coa diferencia que pasaría a ser de 21 millóns e, por outro lado, permitiría un programa de dinamización económica dotado con 5,8 millóns para proxectos estratéxicos no ámbito industrial e agrogandeiro”.

Te puede interesar