O grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico réndenlle homenaxe

O Boletín Auriense lembra a Olga Gallego

O Grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico lembran a Olga Gallego no primeiro volume do Boletín Auriense, o anuario que as dúas entidades publican dende 1971. Da que fora presidenta do primeiro organismo e membro da Real Academia de Historia publica o que fora director do Arqueolóxico, Francisco Fariña, unha biografía na que repasa a traxectoria de Gallego, falecida no ano 2010. A esta aproximación á súa figura séguea un repaso bibliográfico, tanto dos volumes asinados pola historiadora como daqueles nos que aparece o seu nome. Asina este apartado María José Sierra.
Ámbolos dous capítulos son a apertura do tomo 41, no que o papel da muller acada un amplo protagonismo con estudos coma o da indumentaria feminina no camiño de Santiago, escrito polo director do Museo das Peregrinacións, Bieito Pérez, ou o apartado que fala sobre as mulleres do Couto de Rubillón fronte ó Mosteiro de Melón, de Pegerto Saavedra. Completan o primeiro volume do Boletín Auriense deste ano estudos dos arquivos municipais de Galicia, a biblioteca da Comisión de Monumentos ou un muíño de Amoeiro.

Te puede interesar