en marea

Bruzos critica en Barbadás que "a mala xestión dos últimos anos tróuxonos ata aquí"

10.06.16.BARBADAS.PARQUE DOS PATOS.ACTO EN MAREA.
photo_camera Imaxe do acto de En Marea, este venres en Barbadás. (MARCOS ATRIO)

O candidato de En Marea expuso que estas políticas provocan "a continua expulsión da nosa mocidade, á que non lle souberon dar outra saída que o billete de avión".

En Marea en Ourense celebrou este venres, no parque dos Parrulos de Barbadás, un encontro entre as súas principais candidatas ás Cortes e a veciñanza da Valenzá, para ter un intercambio de opinións sobre a situación da provincia e as propostas da candidatura.

David Bruzos, cabeza de lista por Ourense, denunciou a "mala xestión dos últimos anos", que teñen como efecto "a continua expulsión da nosa mocidade, á que non lle souberon dar outra saída que o billete de avión". "Ademáis dunha forma de facer política oposta á de En Marea, nós preguntamos á xente e aos expertos, mentres outros se adican a construír infraestruturas inaccesibles e logo gastar cartos en accesos", en referencia á construción do centro de saúde nunha das partes máis altas da zona, para que a que se está a propor un ascensor. 

Barbadás, que é un dos Concellos con maior taxa de natalidade de Galicia, é dos poucos de máis de dez mil habitantes sen instituto público. En palabras da número dous de En Marea ao Congreso, Sofía Díaz "a única opción dos e das adolescentes de Barbadás é a educación concertada ou viaxes eternas en autobús ao Concello do lado". Díaz criticou que o Partido Popular non aposte pola educación pública, xa que "é a única que asegura unha igualdade de oportunidades a todos os fillos e fillas da clase traballadora".

Pilar Barros, candidata ao Senado de En Marea en Ourense, explicou as funcións desta cámara, e a importancia de que "gañemos como mínimo unha senadora na provincia, para poder facer efectivo o cambio profundo que precisa o Estado", lembrando a necesidade de que esta cámara aprobe calquera reforma constitucional.

Te puede interesar