EN MAREA

Bruzos: "A LOMCE ten a dubidosa honra de ser a única lei que ten en contra a toda a comunidade educativa"

unnamed_result
photo_camera David Bruzos e Xavier Ron.

No local de Ourense en Común déronse cita o deputado de AGE no Parlamento Galego, Xavier Ron, e o candidato de En Marea ao congreso, David Bruzos, para expoñer as posturas da confluencia no referente a educación e innovación e desenvolvemento.

No local de Ourense en Común déronse cita o deputado de AGE no Parlamento Galego, Xavier Ron, e o candidato de En Marea ao congreso, David Bruzos, para expoñer as posturas da confluencia no referente a educación e innovación e desenvolvemento.

Bruzos criticou duramente a lei eduactiva do Partido Popular, coa que di «levamos despeindo estes pasados 6 meses». En Galicia, segundo datos de Bruzos, «temos arredor de 3.000 docentes menos en 4 anos, peche de escolas, como na provincia de Ourense, Dacón, Larouco, Éntoma, Montederramo ou Calvos de Randín. O peche de aulas na maioría de concellos da provincia: Luíntra, Carballeda, Ourense, Xinzo...». Sendo a poboación de Galicia tan dispersa, para Bruzos non é posible seguir a pechar escolas se queremos asegurar o futuro educativo de toda a mocidade.

O candidato fixo referencia á problemática do CIFP Portovello, no que está de novo aberto un conflito trala decisión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de eliminar unha parte dos estudos da oferta presencial de persoas adultas, «sendo Ourense a única provincia que non vai ter a oferta completa do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia. Cando na pronvicia de Ourense é tremendamente necesario, xa que temos as taxas de envellecemento máis altas de todo o Estado e as terceiras de toda Europa». O candidato de En Marea cree que esta decisión «só se entende para favorecer ós centros de formación privados que ofertan estes mesmos ciclos».

En Marea defende que todos os servizos teñen que ser públicos, e que «non é posible que se saque beneficios da eduación, a sanidade ou os servizos de extinción de incencios. Ou ben aos servizos se lles sube o custe, ou ben se reducen as condicións laborais ou a calidade para obter beneficios. Non poden custar o mesmo».

«Din que van aumentar un 80% a inversión en I+D, cando estamos no 0,87% do orzamento e despois de estar no 1,01%» comezou contextualizando Xavier Ron, parlamentario de AGE no Parlamento Galego.

En Marea propón non continuar co «austericidio» dos últimos anos, senón aumentar o orzamento tanto de Galicia como do resto do Estado para asegurar unha «vida digna para todas as persoas». «A única organización que xa dixo que ía cumprir co recorte da UE foi o Partido Popular de Rajoy».

Galicia perdeu uns 1.000 investigadores, 5.821 empresas de tecnloxía media e media alta, 68.000 empregos no sector tecnolóxico e 832 empresas de innovación pecharon, segundo datos de Ron.

O modelo produtivo que propón En Marea «non se sustentará no incumprimento sistemático dos contratos e a precariedade nos empregos, na subcontratación, na ameaza de deslocalización ou nas axudas públicas sen condicións». As enerxías renovables, a rehabilitación das vivendas para facelas máis eficientes, o tratamento de residuos e o desenvolvemento de infraestruturas de mobilide colectiva son sectores que o parlamentario galego propón desenvolver; «estes sectores poden producir moitísimo emprego, ademais de desenvolver todo o tecido produtivo que durante o goberno de Feijóo se perdeu, como Navantia».

Xavier Ron rematou criticando a decisión de desenvolver «un modelo como o de Rozas, onde 10.000 millóns de euros públicos foron a financiar a unha empresa relacionada coa Púnica, e que ameaza cun ERE. E menos aínda financiando o novo proxeto de militarización da OTAN.»

 

Te puede interesar