TELEVISIÓN

Calleja conclúe o episodio adicado á Ribeira Sacra

<p></p>
photo_camera Calleja, onte en Santo Estevo.

A Diputación de Ourense xestionou a rodaxe dun capítulo de "Volando voy"

O presidenta da Deputación, Manuel Baltar, visitou onte os escenarios nos que se rodou o programa de televisión "Volando voy", da cadena Cuatro, para coñecer o traballo de promoción audiovisual da Ribeira Sacra que están a elaborar o presentador Jesús Calleja e o seu equipo técnico durante a toma de imaxes no Cañón do Sil e outras localizacións das provincias de Ourense e Lugo.

A Deputación ourensá fixo posible coas súas xestións que a Ribeira Sacra, enclave que o goberno provincial impulsa para acadar o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade', sexa protagonista da nova tempada do programa "Volando voy", "co que iso significa de promoción da 'marca Ourense'", explicou Manuel Baltar.

Proxectos mediáticos

O presidente da Deputación resalta que a presencia en proxectos mediáticos tan importantes "permite abrir unha fiestra ao mundo para amosar a provincia de Ourense, favorecendo así o incremento de turistas, algo que se verá acentuado en grande medida coa chegada do AVE e no que xa estamos a traballar preparando iniciativas que potenciarán a promoción da nosa provincia tanto nacional como internacionalmente".

Precisamente, o remate da rodaxe do episodio de "Volando voy" foi festexado onte á noite no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueria de Ramuín. O propio Calleja actuou como mestre de cirimonias do acto, dando a coñecer parte das imaxes que puido recoller nestes dias.

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra puxo a disposición dos interesados autobuses que saíron dende Monforte de Lemos e Chantanda (Lugo).

O alpinista, explorador e comunicador louvou a fermosura das paisaxes da Ribeira Sacre ante un auditorio que tamén quedou moi satisfeito co resultado das imaxes tomadas.

Te puede interesar