OS XARDíNS DE OURENSE

Campus do antigo hospital

Unha das zonas axardinadas no campus ourensán (JOSÉ PAZ)
photo_camera Unha das zonas axardinadas no campus ourensán (JOSÉ PAZ)

Primeiro sanatorio, logo hospital provincial e agora campus universitario de Ourense; o vello recinto sanitario acumula todo un pasado de modificacións e transformacións das que o seu último capítulo foi a reforma do xardín co circunda.

Os longos e rectangulares edificios do antigo hospital se construíron no primeiro cuarto do século XX polo arquitecto Joaquín Rogí, en estilo modernista; a súa estratéxica orientación, norte-sur, respondía a criterios hixienistas da época, no senso de recibir a maior cantidade de sol a traveso das súas fachadas de pedra. Trala supresión das funcións sanitarias, o recinto mailo entorno, ambos pertencentes á Deputación Provincial de Ourense, cedéronse á Universidade para fines educativos baixo o patrocinio e a dirección da Universidade de Vigo.

Foi a comunidade universitaria, no ano 1997, a encargada da urbanización e posta ó día do axardinamento deste espazo e recinto histórico singular, situados entre as rúas: Doutor Temes, Alfonso Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo.

Sobre unha superficie total aproximada duns 10.000 metros cadrados, o arquitecto Javier Suances planificou dúas superficies diferenciadas: unha superior, na que se sitúa a case totalidade dos edificios, e outra inferior destinada fundamentalmente ó ocio mailo descanso. O paso entre elas queda limitado por un panel a modo de pórtico que serve de porta. Contén un reloxo circular que rexe o horario dentro deste recinto estudiantil.

A carón da entrada principal se construíron unhas gradas en forma de hemiciclo que, aparte de servir de escaleiras de acceso, se utilizan como lugar de reunión o punto de encontro. Delas parten os diversos e amplos camiños pavimentados en lousa que comunican entre si os diversos edificios existentes, cun ancho suficiente para a circulación de todas aquelas persoas con limitación de mobilidade.

O recinto dispón de tres estanques, dous situados na parte superior cunha superficie de 280 metros cadrados, e outro inferior de 800, dedicado orixinalmente a fonte ornamental. Actualmente se emprega tanto para o cultivo de plantas acuáticas como hábitat de peces e anfibios.

Quizá un dos aspectos máis destacables da obra o constitúe o novo peche exterior mediante o emprego de pranchas de cobre oxidado, que ofrece cara o interior unha imaxe máis vexetal, namentres que polo exterior a cor verdosa do cobre da certa uniformidade ó conxunto.

As zonas verdes deseñáronse en estilo anglosaxón, que consiste no uso e disfrute pleno do usuarios do mesmo ademais da súa contemplación. O oitenta por cento das árbores pertencen a familia dos caducifolios, ademais de conservarse os orixinais existentes na parte superior do recinto; así, liquidambar, cedeiras do Xapón e outros se mesturan cas plantacións anteriores: cedro do Himalaia e do Atlántico, carballos e tileiros. Existe un interesante roteiro sobre as árbores.

A iluminación, importante elemento de ornato nun xardín, se combina ca vexetación ó emerxer a luz do propio chan, o que fomenta ese ambiente romántico tan característico do estilo inglés.

O orzamento total da obra de remodelación superou os once millóns das antigas pesetas.

Te puede interesar