“Este partido ou está unido ou non terá posibilidades, por iso falamos con todo o mundo"

Ourense 17/12/17
Comparecencia ante los medios de los candidatos a las elecciones primarias por la secretaría provincial del PSOE en Ourense
Rafael Rodríguez Villarino,Noela Blanco
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Rafael Rodríguez Villarino.

Rafael Villariño contesta as preocupacións dos socialistas ourensáns 

 En que eixos debe cimentarse o PSOE de Ourense nesta nova etapa que inicia o partido?

O eixo fundamental ten que ser devolver á cidadanía todos os poderes das administracións públicas. Para iso, hai que lograr poñer os fondos nos concellos  no desenvolvemento da provincia, non no clientelismo.

Que é o primeiro que faría se resulta elexido como secretario provincial tras estas primarias?

Preparar raudamente o Congreso, a conferencia política, as eleccións para a executiva. Pero o máis importante despois é planificar de xeito sistemático as vindeiras municipais.

Que destacaría do seu rival nesta segunda volta?

O mesmo que todos os que formamos parte deste proceso, a decisión, vontade de  cambiar un partido e convertilo en referente. Para iso necesítase valentía.

Por que considera que é a persoa adecuada para liderar o partido?

Porque despois de dez anos no ámbito municipal, cunha experiencia contrastada de desenvolver políticas de esquerda nun concello que sempre estivo gobernado pola dereita. Iso pódese trasladar á provincia.

Haberá integración nos órganos directivos que configurarán en caso de gañar as eleccións?

Sempre o dixen, este partido ou está unido ou non terá posibilidades.

Que necesita a agrupación da cidade de Ourense para recuperar o pulso?

Necesita o mesmo que o partido en xeral, que non existan fracturas, tanto internas, como na relación provincia-cidade. Nós logramos unha integración total.

É necesario negociar con Pachi Vázquez para lograr un pacto amplo ou a carreira debe ser libre?

A carreira dos militantes sempre é libre, o voto é individual. Neste ámbito, fálase con todo o mundo, non se exclúe a ninguén, non falamos só cunha persoa, somos unha candidatura plural. 

Fálase moito da importancia da Deputación para o proxecto do PSOE. Por que cre que é?

É unha entidade que rixe os presupostos e destinos da nosa provincia. Ese papel clientelar que adquiriu ten que desaparecer, non pode ser que non se distribúan os fondos de xeito equitativo.

Que se pode sacar en positivo e que é preciso mudar dos últimos oito anos no PSOE ourensán?

Vale o estilo persoal que tiña Raúl Fernández, era unha persoa conciliadora. O que hai que cambiar?Debemos buscar un proxecto compartido e visible dende a sociedade.

Confía en Gonzalo Caballero para liderar a nova etapa no PSdeG, cre que é a persoa adecuada para recuperar o pulso?

Sen dúbida ningunha, é un magnífico secretario e será o mellor candidato á Xunta. Ten empuxe, unha enorme vitalidade, ideolóxicamente decantada á esquerda. Ninguén no panorama galego representa con tanta claridade esas ideas. 

Te puede interesar