20D | ELECCIONES GENERALES

Carlos Lorenzo é o elixido por Anova para encabezar a lista de Ourense

O edil de Toén será o candidato de Anova por Ourense para negociar a lista definita con En Marea, a plataforma unitaria das mareas municipais, Podemos e Esquerda Unida.

A primeira proposta de Anova por Ourense será a de Carlos Lorenzo, que obtivo un 60,53 por cento do voto fronte ao 39,47 por cento de Bernardo García, que será a segunda opción nesta circunscrición.

A formación nacionalista liderada por Beiras vén de celebrar primarias para decidir os candidatos ás negociacións con En Marea, a plataforma unitaria na que tamén se atopan as mareas municipais, Podemos e Esquerda Unida; e que presentarán unha lista conxunta ás Cortes nas vindeiras eleccións xerais.

Resultados en Galicia

 

No resto do territorio galego, os nomes que saíron elixidos para ser propostos en primeiro lugar nas negociacións internas son Gladys Afonso (A Coruña), Xosé Manuel Saa (Lugo, e que se presentou unicamente el), e Alexandra Fernández.

Fernández conseguiu o 67,4 por cento dos votos emitidos, seguida de David Carballal (23,81%) e de José Gómez (8,79%). Na Coruña, Gladys Afonso logrou un 54,41 por cento dos votos; seguida de Xosé Constenla (38,24%) e de Jorge Caeiro (7,35%).

Te puede interesar