Carme López, ó fronte da CIG na Administración Pública

O VI Congreso da federación de Administración Pública celebrado esta fin de semana na Casa da Cultura Allariz, baixo o lema 'Recuperar dereitos, defender o público, manter a dignidade', reelixiu a María Carme López Santamariña como secretaria nacional con 104 votos.
Na sesión tamén se escolleron os integrantes da nova executiva e os membros que integrarán o consello confederal. Na clausura da sesión, na que participou o secretario xeral, Suso Seixo, a responsábel nacional da CIG-Administración, reclamou 'compromiso, forza e unidade na defensa dos servizos públicos'.

López Santamariña, cuxa candidatura competía con outras dúas, incidiu durante a súa intervención nos efectos da crise económica sobre as condicións laborais, en especial nas agresións padecidas polos empregados e empregadas das administracións públicas en Galiza, 'nomeadamente as abusivas reducións salariais e perda de dereitos laborais decretados desde que comezou a crise'.

Te puede interesar