'A casa da luz' ou como educar ós espectadores

Xoan Cabanas, Carlos Amil e Xabier Docampo. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O domingo poderá verse no Auditorio municipal 'A casa da luz', a primeira pedra que se pon en Galicia para a formación dos espectadores do futuro.
Baseada na novela de Xabier Docampo, 'A casa da luz' foi dende o inicio un relato moi cinematográfico, con infinidade de posibilidades para desenvolver visualmente. Conta a historia duns cativos que entran noutro mundo a través dun cadro. Para o director, Carlos Amil, foi unha oportunidade única de entrar nun terreo vedado, o da fantasía, e sobre todo permitiulle abordar o xénero do cine de aventura, pero dende a comedia e con algúns matices de terror, tendo en conta sempre que está pensada para o público infantil.

O obxectivo de todo o equipo foi facer unha película na que os nenos tiveran tamén a capacidade e a posibilidade de deducir, así permíteselles construir partes do relato. Tratouse sempre de fuxir das producións infantís convencionais cheas de elementos sentimentaloides.


O RETO

Pero detrás de 'A casa da luz' hai toda unha loita nestes momentos. A película, que no inicio contaba con distribución, a idea naceu no 2008, pelexa duro agora por atopar unha nova distribuidora despois de que a crise lle dera un xiro a situación.

De nada vale a proba feita pola produtora, xuntou nunha sala de cine a preto de 150 rapaces de entre sete e doce anos, e grabou as súas reaccións mentras asistían a proxección da película.

O resultado foi todo un éxito, as conclusións din que 'A casa da luz' gusta moito, que é o obxectivo, que os nenos reaccionan, que non son espectadores pasivos e que se ven obligados a intervir en todo momento. Que servirá para educar a eses espectadores que garantirán a supervivencia do cine galego. Pero nos tempos que corren, as distribuidoras non atenden a outro criterio que non sexa o dos cartos, o resto non interesa.

O domingo, cos nenos de Ourense volverá a pasar outra proba. serán eles os que decidan.

Te puede interesar