Case 93.000 euros para pavimentar en pobos do rural

O Proxecto de infraestructuras do Medio Rural(PEIM) que o Concello do Carballiño solicitou á Xunta no 2009 xa está aprobado, según confirmou o concelleiro responsable deste departamento, o socialista Edelmiro Mateo. O plazo para a execución dos proxectos é de un ano e o presuposto ascende a 92.715 euros.
O proxecto contempla as obras de ensanche e afirmado do camiño que vai dende as localidades de A Laborada ata Piteira. Asemade, está prevista a pavimentación do tramo de Corzos que quedou pendiente e que se atopa en moi malas condicións, dificultando a circulación de vehículos. Finalmente, tamén se executará o acondicionamento do firme da carretera de Seoane e ramais da mesma localidade.

Edelmiro Mateo amosou a súa satisfacción por esta importante inversión que mellorará en gran medida os viales destes pobos do rural, tendo en conta, ademais, que a crise está reducindo a posibilidade de levar a cabo proxectos, aínda que sexan os máis básicos como a mellora de camiños.

Te puede interesar