CONCURSO - LITERATURA

Casi 800 traballos optan ao concurso de microrrelatos Ribeira Sacra

O xurado fará público o seu fallo o día 17 de abril

Un total de 796 traballos optan á quinta edición do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Concello de Parada de Sil, cifra que constitúe todo un record con respecto ás edicións anteriores, segundo sinalaba a alcaldesa, Yolanda Jácome.

A inmensa maioría dos microrrelatos foron presentados por correo electrónico. Segundo a organización, foron excluídos 18, ben por excederse no número de palabras que deben ter segundo as bases, ben por presentar dous o mesmo autor, feito que este ano non contemplaban as bases, a diferenza de outros anos.

Ata que se abran as plicas non será posible coñecer a procedencia das obras, pero polos enviados por correo postal aparecen remites de toda España, con provincias como Huesca, Talavera de la Reina, A Coruña, Málaga ou Albacete, e segundo sinalou a alcaldesa, tamén se recibiron consultas de Holanda e Arxentina. A partir de agora comeza o traballo do xurado para seleccionar as mellores obras, que fará público o seu fallo o día 17 de abril. O premio entregarase o día 13 de maio.

Te puede interesar