CCOO califica de “boicot” a xestión da Xunta en Educación

El Instituto Xesús Taboada Chivite. (Foto: MARCOS ATRIO)

CCOO-Ensino Ourense presentou datos do comezo do ano lectivo escolar no que observan un “boicot” por parte da Consellería de Educación na planificación dos centros educativos da provincia. O sindicato sinala dous aspectos negativos principais por tratar: os recortes e a falta de apoio á Lomloe.

Dende o sindicato ven “un criterio econonomicista” na decisión de pechar un sete aulas na provincia (cinco de Infantil e dúas de Primaria), o que conlevou “á destrución de 12 postos de traballo de carácter definitivo”.

Borja Campos, responsable de comunicación de Ensino de CCOO, sinalou que “o proceso de peches non só sucede no rural, tamén é palpable no ámbito urbano”, xa que, das sete pechadas, catro están na cidade de Ourense.

Campos lamenta que este proceso de perda de aulas, produto do descenso demográfico, vense detectando menos na rede de centros concertados, polo que demandan unha “racionalización e replanteamento” para que os efectos do declive “non o sufra únicamente o ensino público”. 

Iria Yáñez, coordinadora comarcal de Ensino de CCOO, reitorou tres medidas para revertir os déficits da educación na provincia: redución do rateo para mellorar a calidade do ensino, o retorno ás 18 horas lectivas en secundaria e 21 en corpos de mestres, e a volta ao Acordo de Agrupamentos, que establece rateos máximos en aulas cun alumnado escaso e de diferentes niveis.

Os representantes sindicais tamén destacaron os problemas que obervan nos servizos de limpeza e de comedor dos centros: as “quendas herdadas da pandemia” supoñen un enorme desgaste para o persoal, insuficiente para afrontar un traballo máis esixente na volta á normalidade.

Te puede interesar