Celis, elexido secretario da UGT Ourense-Verín

José Luis Fernández Celis foi elexido secretario xeral no Congreso da nova Unión de UGT Ourense-Verín, co apoio de máis do 80 por cen dos votos, polo que se encargará de xestionar o sindicato nestes territorios nos vindeiros catro anos. Nesta tarefa contará como secretario de organización con Mario Franco González; como secretaria de administración e finanzas, Aurea Barreiro Paz; secretario de acción sindical será Celso Diéguez Muñoz; secretario de políticas sociais, Monserrat Liceras Pascual; de muller e igualdade, Carmen González Amado, e de saude laboral e medioambiente, Francisco Javier Parada López.
No acto de clausura, que contou ca presenza do secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e outros membros da executiva Galega, Celis criticou que todalas medidas tomadas dende o comezo da crise polos gobernos 'son demoledoras e atentan contra o emprego, a xustiza social e os servizos públicos, e Ourense é un exemplo do tremendo impacto destas políticas que as están pagando os máis débiles', sinalou. Pola sua parte, José Antonio Gómez salientou tamén que as políticas de austeridade fracasaron e que o Goberno da Xunta ten a oportunidade nos orzamentos do 2014, 'que sexan o instrumento para reorientar a política económica actual cara outro modelo de desenvolvemento', xa que, segundo indicou, ten capacidade para actuar en materia fiscal e debuxar outro escenario de ingresos.

Te puede interesar