Asuntos sociais

Os centros cívicos da cidade programan xa as actividades deste verán para nenos e nenas

A partir deste mércores ás 9,00 horas, os nenos e nenas que cursaron Infantil e Primaria no ano escolar 2017-2018 e que queiran participar nestas xornadas poderán facelo na web www.ssociaiscursos.com

A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense abre este mércores o prazo para inscribirse nas actividades de verán 2018, que se desenvolverán nos centros cívicos da cidade, co "obxectivo básico de que os nenos e nenas, que cursaron Infantil e Primaria no ano escolar 2017-2018, se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros", explican desde dita concellería. Así, tamén se pretende axudar ás familias a concilair a vida laboral e familiar neste período de vacacións.

Para inscribirse hai que cubrir unha solicidtude que se activará na web www.ssociaiscursos.com a partir do mércores 13 ás 9,00 horas. De precisar axuda co procedemento, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Atención Cidadá, na Casa do Concello, ou ao Centro Cívico Colón.

As actividades realizaranse nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. As quendas son do 2 ao 13 e do 16 ao 31 de xullo, e do 1 ao 14 e do 16 ao 31 de agosto, en horario de 9,00 a 13,30 horas, de luns a venres.

O prazo para apuntarse rematará o día 20 de xuño ás 00,00 horas.

Te puede interesar