CULTURA

Cerca de 200 traballos optarán ao I Certame de Creación Carlos Casares

<p></p>
photo_camera Xosé Antón Jardón e Delfín Caseiro, durante a presentación do I Certamen de Creación Carlos Casares.

Un foro literario e un roteiro recordarán este ano ao escritor da Limia 

O Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares organizan o I Certame de Creación Carlos Casares, no que participarán cerca de 200 traballos dos 12 centros educativos de A Limia. As creacións en categoría literaria e plástica, deberán facerse a partir do análise de 20 obras do autor literario e entregarse no Museo da Limia antes do 26 de marzo.

Onte se presentou no Ateneo un completo programa de actividades en torno o escritor limiao ao que dedícase o Días das Letras Galegas deste ano, e no que inclúese este certame. O xurado do mesmo evaluará o día 8 de abril os traballos, que exporanse desde ese mes e ata xuño, acompañados dunha mostra de fotografías que gardan relación coa vida de Carlos Casares. A entrega de premios será o 17 de maio.

Establécese un único premio por categoría e modalidade. Este vai consisitir nun lote de libros doado pola Fundación Carlos Casares e un diploma de recoñecemento.

Ademais está prevista a celebración dun foro-encontro de escritores limiaos sobre a influencia da obra do escritor nas súas propias produccións, ese mesmo día.

Outra das actividades programadas polas tres entidades é a realización dun roteiro artístico-literario elaborado desde a obra narrativa de Carlos Casares, que terá lugar o 13 de maio e que percorrerá os paraxes do Furriolo, A Forxa, Sabucedo, A Filgueira, Xinzo de Limia, o Mosteiro de Trandeiras e a Torre da Pena, e que incluirá unha lectura de textos representativos do escritor limiao.

Finalmente está prevista a publicación dos traballos seleccionados no certame e de traballos dos escritores da Limia, sobre a vida e a obra do escritor de Xinzo de Limia, con evocacións e estudos realizados por algúns dos participantes no Foro de escritores na revista Lethes, el día 31 de outubro.

O obxectivo que perseguen de novo as actividades organizadas nesta programación por estas tres entidades é o de acrecentar e enriquecer o estudo e difusión da figura e da creación de Carlos Casares nos diferentes sectores da sociedade, con especial atención ao ámbito educativo.

Neste sentido, lembran desde as entidades organizadoras que a infancia e a adolescencia de Carlos Casares "transcorren en territorio limiao, cunha intensa vinculación vivencial e emocional que se vai prolongar ao longo de toda a súa fecunda existencia".

Te puede interesar