O certame Bacchus otorga tres medallas de ouro e nove pratas a viños do Ribeiro

O Concurso Internacional de Vinos Bacchus 2013, celebrado en Madrid do 15 ao 19 de marzo, otorgou á Denominación de Orixe Ribeiro un total de doce premios nestas undécima edición do certame, tres medallas de ouro e nove de prata.
O concurso Bacchus é o único concurso internacional de viños español que pertence a Vinodef, a federación que integra os máis reputados concursos a nivel mundial. Ademais está recoñecido tamén pola Organización Internacional de la Viña y el Vino así como polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medioambiente. O xurado estuvo formado por máis dun centenar de profesionais, nos que se atopan xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, masters of wine e masters of sommelier de todo o mundo.

Desta maneira recibiron medalla de ouro: Armán Finca Os Loureiros 2010, de Bodegas Casal de Armán, S.L; Casal de Armán 2011 de Bodegas Casal de Armán, S.L e Coto de Gomariz de María Álvarez Serrano.

Os Bacchus de prata foron para a Adega do Moucho 2011 de Francisco García Pérez; Colección Costeira Treixadura 2011 de Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G; Cuñas Davia blanco 2011 de Adegas Valdavia, S.L; Doña Inés Pino 2011 de María Álvarez Serrano; Finca Viñoa 2011 de María Álvarez Serrano; Leive Paradigma 2011 de Adegas Áurea Lux, S.L; Mauro Estévez 2011 de José Estévez Fernández; Sameirás 2012 de Antonio Cajide Gulín e Terra do Castelo Treixadura de Cooperativa San Roque, S.C.G.

Os responsables do Consello Regulador valoraron de forma moi positiva estes galardóns.

Te puede interesar