Ramón Caride e Jaime Asensi presentaron o seu último libro na Región

Chegan as aventuras do gran Capitán Aspanitas

O capitán Aspanitas, no medio, amosa as súas aventuras. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A librería La Región, en Paseo Centro Comercial, acolleu onte a presentación do libro 'O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas', unha obra do escritor ourensán Ramón Caride, que conta con ilustracións de Jaime Asensi. Juan José Rodríguez Fernández, de Aspanas Termal; o pedagogo Manuel Bragado; o propio autor, Ramón Caride, con Asensi; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o mesmo Capitán Aspanitas, asistiron á presentación.
Ramón Caride (Cea, 1957), escritor e biólogo, é profesor de Secundaria e o seu labor literario desenvolveuno prácticamente todo en lingua galega. Escribiu de ciencia ficción e gañou numerosos premios, pero unha das súas facetas máis coñecidas é a súa producción de literatura infantil e xuvenil, coa que acadou recoñecementos como o premio Merlín.

Un exemplo é o libro presentado onte, que narra como nas termas da cidade están a ocorrer acontecementos estraños: as augas flúen e, de súpeto, detéñense. Unha banda de encarapuchados parece estar detrás dos sucesos. Só o Capitán Aspanitas e o seu equipo serán quen de descubrir o misterio.

Te puede interesar