O pobo celanovés sumouse a celebración da séptima edición de Raigame

A choiva non impediu que Vilanova dos Infantes recuperara a romaría dos anos 20

Durante todo o día, os gaiteiros levaron a súa música polas estreitas rúas do Burgo medieval. (Foto: Daniel Atanes)
Milleiros de visitantes acudiron, como cada ano, a tradicional celebración do Día das Letras Galegas en Vilanova dos Infantes, no Concello de Celanova. A Romaría Etnográfica Raigame reuniu orredor da Torre do Homenaxe a decenas de artesáns, agrupacións musicais e treatrais na súa séptima edición. A choiva, presente en determinados momentos da romería, non impediu que os veciños disfrutaran da festa.
A vila medieval de Vilanova dos Infantes, a escaso kilómetro e medio de Celanova, reviviu onte as romarías que se celebraban na Galicia rural dos anos vinte, sacando á rúa a afiadores, alfareiros, canteiros, cesteiros, zapateiros, panadeiros e, en definitiva, duceas de artesáns que fixeron as delicias de milleiros de celanoveses e visitantes chegados dende distintas partes de Ourense, Galicia, Madrid, Cataluña, País Vasco e norte de Portugal, entre outros. Con menor afluencia que en anos anteriores, dende primeiras horas da mañá as rúas arredor da Torre do Homenaxe comenzaron a encherse de xente. ‘Outros anos esto, ás nove, estaba cheo, pero hoxe a xente vai máis lenta’, comentaban os artesáns.

Un ano máis, os veciños cederon os biaxos das suas vivendas para montar improvisados talleres, tendas e tabernas, estas últimas foron, posiblemente as máis visitadas. Entre as novedades deste ano, encontrabase a pre sencia dos danzantes de Redondela que representaron a danza das Espadas e Penlas arrancando os aplausos dun numeroso público congregado na Praza Maior.

A chuvia quiso estar presente na romaría, aínda que permitiu disfrutar dunha festa animada por decenas de agrupacións foclóricas, demostracións de artesáns e degustacións dos productos da terra. Tralo xantar, para o cal instalaronse varias carpas con postos de pulpo e churrasco orredor da igrexa, a festa continuo na rúa, cas actuacions dos grupos de baile, teatro e mostra de artesans.

No longo da romería, non faltarou parexa da garda civil, o cura e decenas de veciños que seguiron a recomendación de ir vestidos ó xeito tradicional.

Te puede interesar