Os cidadáns poderán presentar as suas suxestións ó proxecto

Camilo Fernández Valdeorras define os efectos da “burga da creatividade literaria como unha a auténtica “burga do espírito”, pois é 'tan salutífera ao meu xuízo para a saúde da alma coma o poda ser o termalismo para o coidado do corpo. Velaí polo que xuntos e debidamente valorizados os dons da natureza e da historia poden situar Ourense neste século XXI no ránking das cidades máis atractivas para vivir e máis celmosas para visitar de toda Galicia'
'Cunha política cultural inspirada nun discurso e nunha estratexia integradoras dese impar patrimonio natural e histórico con que contamos. Só así se obterá un modelo de cidade europeísta que, superando déficits históricos, aposte por equipamentos atractivos para o cultivo -tamén- da vida do espírito que revaloricen a súa orixinalidade e marquen a diferencia'.

 Fernández Valdehorras salienta a boa acollida que as autoridadesmunicipais e provinciais están a dispensar á ideación do proxecto, así como –suliña- “temos informadas dos pasos quedamos ás fundaciónsgaleguistas legatarias de Otero Pedrayo e Risco, que ven con bos ollos a iniciativa” pois o proxecto redundaría na visibilidade pública da vida e obra dos dous grandes escritores de Nós, mestres tamén do ourensanismo. “Así mesmo, iniciamos conversas co Museo doPobo Galego para facelo partícipe na creación dun museo antropolóxico na ampla casona natal do seu fundador e primeiro presidente, don Xaquín Lorenzo”.

Por todo iso, Fernández Valdehorras insta a non perder a oportunidade de considerar en unidade o proxecto,“ou sexa, integrar a Casa de Otero Pedrayo e Risco no conxunto dun Burgomuseo englobante, pois xuntos serán activos estratéxicospara o Ourense do seculo XXI'. Agrega con contundencia que “é un disparate inxustificable que Ourense siga a  prescindir nos seus plans turísticos da oferta dun patrimonio literario-cultural de tal envergadura”.

 Nesta fase preparatoria,de feito, o dossier de ideas con que traballa o grupo promotor non está pechado. “Neste 2012 abrirémolo á cidadanía a través dos medios para suscitar un pole de ideas sobre cómo a cidade se pode implicar e beneficiar máis co proxecto. Estamos convencidos de que o Plan de equipamento ten amplamente xustificados o contido, a sostibilidade urbanística da infraestrutura, o modelo de finanzamento e o retorno social do investimento pois –asunto primordial- o Burgomuseo será viveiro de creación de emprego, ocupación comercial e industria cultural. Desexamos coñecer suxestións serias acerca doobxectivo final que perseguimos, que non é outro que transformar o núcleo urbano da vella Auria –sendo leais á súa historia- nun centro motor de cultura galeguista, europeísta, democrática, innovadora e creativa'.

Te puede interesar