O gala de entrega dos premios da Real Academia de Ciencias adquiriu un ton reivindicativo

A ciencia alerta: 'Os recortes van ter serias consecuencias'

'Os importantes recortes que estamos sufrindo no eido da I+D+i van ter serias consecuencias'. Estas palabras foron pronunciadas polo investigador ourensán José Benito Quintana -membro do equipo ganador por un traballo de análise de drogas en augas residuais- durante a entrega dos premios da Real Academia Galega de Ciencias, un acto no que falou en representación de tódolos galardoados.
Ademais de agradecer a organización deste certame, que supón 'unha maneira moi eficiente de facerlle chegar á sociedade o noso traballo e o noso esforzo'. Neste sentido, pediulle responsabilidade ás administracións para sacar adiante os proxectos científicos. Como exemplo, falou dos equipos agora premiados, ademais do seu, o recoñecido na categoría de Novos Investigadores polo estudo de resistencia do formigón reciclado, do que forma parte a tamén ourensá Sindy Seara.

A Real Academia Galega de Ciencias entregou os seus premios o día no que equipos investigadores de toda España saíron ás rúas para reclamar un maior apoio ó traballo científico baixo o lema 'Con I+D+i si hai futuro'. Estas protestas déronse tamén no Campus ourensán, no que medio cento de estudantes e profesores levaron ós exteriores do recinto académico o seu malestar polos recortes.

Te puede interesar