Un clube deportivo organiza unha andaina solidaria polo neno Edgar

Representantes da organización e Edgar cos seus pais.
O Clube Deportivo Os Caneantes da Tarazana, en colaboración co Concello de Nogueira de Ramuín, organiza a andaina solidaria 'Camiñando con Edgar', que terá lugar o vindeiro sábado, día 23 de novembro, con saída desde Luintra ás 9,45 horas. Edgar é un neno que padece unha enfermidade neuromuscular dexenerativa (AME), que pertence á categoría de enfermidades raras (ER), que son aquelas que afectan a entre o 6% e o 8% da poboación mundial. En Galicia padécenas o redor de 200.000 persoas, as cales soen precisar tratamentos de por vida.
A organización pretende aportar un grao de area á causa de Edgar, ó que describen como un 'neno simpático, alegre e moi sociable que lle encanta gozar da vida', pero que ve limitada a súa andaina pola vida a estar nunha cadeira de rodas. O outro obxectivo do clube deportivo é o de concienciar socialmente sobre este tipo de problemas, cada vez máis frecuentes, á cidadanía. De feito, o caso de Edgar xa ten movilizado en outras ocasións a solidariedade dos ourensáns.n.

Te puede interesar