UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Coasa, empresa ourensá especializada na fabricación de elementos aeroespaciais de materiais compostos, está a formar a 30 mozos en dous diferentes cursos na industria para avanzar na educación específica nesta industria. Esta formación realízase coa financiación do Plan Formativo para o Emprego da Xunta e que aporta a estes dous talleres preto de 70.000 euros. O delegado territorial da administración autonómica en Ourense, Gabriel Alén, visitou onte pola mañá as instalacións do centro formativo de Coasa, situados no Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello de San Cibrao.
O delegado territorial explicou que este plan enmárcase dentro das iniciativas destinadas ao impulso do emprego estable e da transformación do modelo produtivo galego, baseado no crecemento e no coñecemento, e que ten como obxectivo reforzar a formación e especialización dos traballadores. Esta convocatoria deixou na provincia máis de sete millóns e medio de euros para apoiar os diferentes cursos de formación para desempregados, permitindo desenvolver 194 accións formativas a 2.910 persoas en eidos como a administración e xestión, actividades físicas, agraria, comercio e outros ámbitos.
Os alumnos que participen nas accións formativas poden acceder, ao remate, aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado. Desde o ano 2011, a Xunta mantén unha aposta decidida pola ensinanza certificable co obxecto de que a formación para o emprego conte cuns niveis de calidade e excelencia demandados na actualidade. Ademais, no caso da orde para desempregados admítese a participación de ata un 30% de ocupados, sempre e cando non se cubran as prazas con desempregados, e viceversa no caso da orde dirixida á formación para traballadores en activo co fin de completar o 100% das prazas.
A través desta iniciativa impúlsase a aula virtual grazas ao novo Campus Virtual de Galicia que puxo en marcha a Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar o acceso á cualificación dos galegos e garantir tamén a saúde do alumnado polo covid-19. O primeiro campus virtual é unha demanda da sociedade e do tecido empresarial co que se pretende impartir en tempo real de xeito virtual a formación para o emprego. Búscase acercar a formación a todo o territorio galego e a aqueles alumnos que teñen dificultades para desprazarse, así como incrementar as oportunidades laborais dos traballadores galegos e dar resposta ás necesidades das empresas, que requiren man de obra cualificada e especializada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición