Os cogomelos conquistaron aos veciños de Parada de Sil

Alejandro Mínguez cociñando os cogomelos, no Concello de Parada de Sil.
photo_camera Alejandro Mínguez cociñando os cogomelos, no Concello de Parada de Sil.
O Concello de Parada de Sil organizou unha xornada micolóxica con saída ao campo e posterior degustación

O mal tempo no puido coa ilusión dos participantes na xornada micolóxica que se celebrou en Parada de Sil baixo a dirección do experto micólogo Alejandro Mínguez e que deu comezo ás 10,00 horas, no salón de usos múltiples do concello, con 25 persoas asistentes das 39 inscritas.

Despois dunha amena charla formativa e informativa que seguiron con atención os asistentes, fixeron unha curta saída ao campo debido a que se precipitou unha treboada intensa e tiveron que interromper a actividade antes do tempo previsto.

A continuación, no salón da Casa do Concello fíxose unha clasificación dos cogomelos recollidos e logo o experto cociñou boletus e cantarelus en sopa, en revolto e mesmo unha salsa con nata, para unha degustación entre todos os asistentes, chamando a atención sobre os distintos tipos de preparación e mesmo sobre o troceado dos mesmos dependendo da clase de cogomelo.

As persoas presentes quedaron moi satisfeitas según lle comentaron ao alcalde de Parada de Sil,  Aquilino Domínguez, que manifestou a súa firme vontade de volver a organizar outra xornada micolóxica similar no outono do próximo ano.

Te puede interesar