CULTURA

Comedia, drama e teatro clásico nas "XXVIII Noites teatrais de Vilamarín"

Ourense. 10-07-2015.Presentación Noites Teatrais en Villamarín. José Paz
photo_camera Presentación da Certame, en Vilamarín.

O evento, que este ano conxuga o teatro profesional co afeccionado, desenvolverase entre o 14 e o 17 de xullo

Comedia, drama e teatro clásico serán os protagonistas nas "Noites teatrais de VIlamarín", un dos certames máis importantes de artes escénicas en Galicia, que este ano chega á súa 28º edición. Organizadas polo Concello de Vilamarín e coa colaboración da Deputación de Ourense, "as noites teatrais son unha referencia fixa e notable no calendario teatral do verán en Galicia", destacou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen estivo acompañado no acto de presentación polo alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Marina Rodríguez.

Anxo Lorenxo recoñeceu o esforzo que ao longo destes 28 anos leva facendo Amador Vázquez e todo o equipo que fai posible as Noites Teatrais, "un evento que este ano conxuga o teatro profesional co afeccionado, algo que é moi de salientar".

O programa desta edición, segundo explicou Marina Rodríguez, desenvolverase entre os días 14 e 17 de xullo, ás 22.30 horas, ofrecendo un total de catro obras.

Te puede interesar