Comezan as actividades para as persoas maiores en Vilar de Santos

O Centro Social de Parada e o Multiusos da Casa do Concello de Vilar de Santos acollerá todolos luns, martes, xoves e venres a partir do 15 de novembro e ata o mes de xuño do 2014, o programa de Envellecemento activo.
A novidade no Programa 2013-14, está na colaboración co Centro de Atención de Persoas Maiores de Vilar de Santos para a realización do proxecto 'Saber envellecer: corpo san en mente sa', semanalmente con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade acuática.

O obradoiro de ximnasia activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Tratase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. No obradoiro de memoria, os maiores aprenden a resolver problemas cotiás.

Estes obradoiros complementaranse con cursos, conferencias e tamén un proxecto piloto específico sobre residuos, a reciclaxe e o fomento da compostaxe.

Te puede interesar