Unha comisión veciñal fará as festas da Valenzá

El Combo Dominicano en A Valenzá.
Celebraranse do 7 ao 11 de xuño e contarán con múltiples ubicacións

O Concello de Barbadás delegou a organización das festas da Valenzá na Asociación Comisión Festas San Bernabé, que se encarga tradicionalmente dunha celebración que este ano terá lugar os días 7, 8, 9 e 11 de xuño. Trátase da primeira vez que hai máis dun aspirante a organizar os festexos, xa que tamén se interesou unha empresa privada e un particular.

Unha vez elaborados os informes de Secretaría e da Policía Local, o executivo tomou a decisión de manter as festas nas mans da entidade que habitualmente as organiza, xa que ademais a súa proposta “diversifica os escenarios das actividades e posibilitará que poidan desfrutalas un maior número de veciños”, salienta o Concello. A decisión tamén se fundamenta no feito de que a lei dá prioridade á organización de este tipo de celebracións por parte de colectivos veciñais.

 A proposta da Asociación Festas San Bernabé, que preside Manuel Martínez, non concentrará os actos nun só punto e este foi un “factor decisivo” que tivo en conta o executivo.

Prevense actuacións musicais en varios puntos da avenida de Celanova, parque da Liberdade, parque dos Patos ou A Solaina.

Te puede interesar